lunes, 11 de junio de 2012

I RUTA BTT RIO TAMBRE

DATA: 9 de Setembro de 2012 LUGAR: Pavillón polideportivo de Brión PREZO: 10 € HORA DE SAÍDA: 09:30 hrs. ENTREGA DE DORSAIS: 08:45 hrs. DIFICULTADE FISICA/TÉCNICA: Media/Media INFO: Ruta social non federada e non competitiva CIRCUITO: O punto de saída e chegada da ruta é o pavillón municipal do concello de Brión. Esta rúta transcorre polos montes da zona levandonos dende Pedrouzos ata a parte alta do Concello, atravesaremos nun primeiro momento por camiños da parcelaria anchos e sen demaisada dificultada para irnos achegando ao Rio Tambre onde descubriremos frondosas carballeiras e camiños de pescadores ao lado do rio. Todo esto estará adornado polas estupendas vistas que presenta a ruta en toda a súa extensión e a gran cantidade de auga que se pode observar practicamente en todo o seu percorrido. Logo de pasear polas beiras do Tambre baixaremos denovo cara o nucleo muncipal usando camiños practicamente esquecidos polas xentes da zona e que levaban arredor de 30 anos pechados. Esta ruta, malia que conta cunha dificultade fisica e técnica media, non deixará a nadie indiferente. AVITUALLAMENTOS: Durante a ruta haberá duas zonas de avituallamento, unha de líquidos e outra de solidos/líquidos. OUTROS SERVIZOS: Haberá vestiarios, duchas, ampla zona de aparcamento e lavado de bicicletas ao finalizar a ruta. MOI IMPORTANTE: Para poder participar nesta probA é OBRIGATORIO o uso do casco. OUTRA INFORMACIÓN: Contaremos con un seguro de accidentes e ambulancia para calquera percance que poida producirse durante a celebración da proba. Tamén agasallaremos a tódolos participantes que tomen parte na mesma con un regalo conmemorativo. Haberá tamén sorteo de diversos regalos e algunha que outra sorpresa mais. INSCRICIÓN A inscrición permanecerá aberta dende o día 1 ao día 31 de Agosto

1 comentario:

Fernando Cobas dijo...

Hay que ir pensando a donde imos a ir papar despois